Liñas de investigación
- Crecemento de semiconductores do grupo IV e capas dieléctricas mediante laser de UV, para aplicacións en fotovoltaica, micro- e nano-electrónica, fotónica e biosensores.
- Micro e nanoestruturación morfolóxica e química de superficies metálicas e poliméricas mediante láseres de nano e femtosegundos, para aplicacións en células solares, biosensores e implantes que permitan a liberación de fármacos
- Fabricación, modificación e caracterización de películas delgadas, superficies, interfases e nanoestruturas
- Fabricación 3D de cerámicas bioinspiradas (SiC, C, CaP), polímeros (PLA) e composites
- Produción e caracterización de biomateriais
- Simulación da interacción entre a radiación láser e a materia mediante métodos numéricos
- Divulgación da investigación e da ciencia, para promover una maior comprensión das actividades científicas e tecnolóxicas e fomentar na sociedade unha cultura científica
Servizos ofertados
- Técnicas láser para a fabricación de revestimentos micro ou opto-electrónicos para a protección de metais contra a corrosión e o desgaste
- Modificación de aliaxes de semicondutores nanocristalinos e recubrimentos biocompatibles
- Fabricación de cerámica bioinspirada, recuperación de recursos e residuos mariños e tratamento e análise de superficies para a conservación do patrimonio cultural
- Desenvolvemento de novos semiconductores a través de redes de excelencia, que inclúen grupos de EE. UU., EUA e Xapón
- Enxeñaría biomédica, a través da constitución e liderado da rede galega de biomateria e posteriormente a coordinación do instituto de bioingeniería de rede para un envellecemento saudable
- Bioenxeñaría, nanotecnoloxía, fotónica
- Funcionalización de moléculas quirais con aplicacións de sensores
Palabras chave
Biomateriais, biomedicina, Biocompatibles, materiais ópticos, Chiral, Procesamento con láser, cerámica bioinspirada, Bioenxeñaría, Nanotecnoloxía, Fotónica, Moléculas quirais.