POLARIMETRIC AND HELIOSISMIC IMAGER FOR SOLAR OBITER

During the seven-year mission, the in situ instruments will measure the solar wind plasma, fields, waves, and energetic particles close enough to the Sun where they are still relatively pristine and have not had their properties modified by subsequent transport and propagation processes.

Many Nobel prizes have been awarded for showing that the universe is not as simple as we might have thought it.

Stephen Hawking


Solar Orbiter é unha misión da Axencia Espacial Europea (ESA), que foi elixida en outubro do 2011 dentro do ESA’s Cosmic Vision 2015-2025 Programme. Está liderada pola ESA, cunha importante contribución da NASA.

O lanzamento do satélite está previsto para outubro do 2018.

Solar Orbiter tardará 3 anos en acadar a súa meta: no 2021 aproximarase no perihelio a 42 millóns de kilómetros do sol, máis cerca que a órtiba de Mercurio. E estará observando  durante 3 anos e medio a estrela e o seu entorno.

Artist’s impression of Solar Orbter

Durante a misión de sete anos, os instrumentos in situ medirán o plasma do vento solar, os campos, as ondas e as partículas enerxéticas o suficientemente cercanas ao Sol, onde  aínda están relativamente prístinas e as súas propiedades non se viron modificadas polos subseguintes procesos de transporte e propagación. Ademais, os instrumentos de teledetección de Solar Orbiter devolverán imáxes espectaculares das características solares cunha resolución nunca antes acadada. Estas imáxes  proporcinarannos

novas ideas sobre o que impulsa o ciclo  de 11 anos da actividade das manchas solares.

A órbita inclinada da nave tamén lle permitirá observar as rexións polares do Sol, que no son visibles dende a Terra. Esta rara visión dos polos solares axudaranos a entender cómo a dinamo interna do Sol xenera o seu poderoso campo magnético. Solar Orbiter tamén debe revelar por primera vez o que acontece cando o campo magnético solar cambia a polaridade, como aconteceu no 2013.

O satélite  estará equipado con 10 telescopios, 10 state-of-the art instruments.

Éstes telescopios observarán as turbulencias, algunhas veces violentas, a supercie solar e tamén estudarán os cambeos que se produzan no vento solar, que flúe a grande velocidade dende a nosa estrela máis cercana.

Nun destes 10 instrumentos, o  PHI (Polarimetric and Heliosismic Imager for Solar Orbiter), que ten como cometido a medida do campo magnético e de velocidades na fotosfera solar, está traballando o profesor Titular deste Departamento, Antonio Ferriz Mas.

O profesor Ferriz forma parte dende o 2008 do grupo de investigación “Física Solar” do Instituto de Astrofísica de Andalucía, en Granada (IAA/CSIC).

Actualmente o grupo está formado por cuatro científicos titulares: os doutores José Carlos del Toro Iniesta (investigador principal, CSIC), Luis Bellot Rubio (CSIC), Antonio C. López Jiménez (CSIC) e  Antonio Ferriz Mas. Por estudantes de doutoramento, investigadores  e investigadoras postdoutorais e un grupo de enxeñeiras/os e técnicas/as, que se adican á parte instrumental.

O Grupo de Física Solar do IAA  adícase fundamentalmente ao estudo dos campos magnéticos solares dende tres puntos de vista: o teórico, o observacional e o instrumental. O grupo leva a cabo investigacións e  desenvolvementos sobre:

1-A estructura e a natureza física de estructuras magnéticas fotosféricas (manchas solares) e subfotosféricas, (orixe das manchas solares nas profundidades da zona de convección do Sol).

2-O deseño, desenvolvemento e construcción de instrumentación solar, que neste momento está traballando no desenvolvemento PHI (=Polarimetric and Heliosismic Imager for Solar Orbiter), que é o instrumento máis grande e importante dos 10 que formarán parte da Solar Orbiter.

Na última convocatoria de proyectos de investigación do Ministerio de Economía y Competitividad (“Plan Nacional”) o grupo obtivo unha finaciación de 800.000 Euros. A referencia do proxecto é ESP2016−77548−C5−1−R.

 

Escrito e editado por Mercedes Palanca González