O GATO DE SCHRÖDINGER ESTÁ VIVO

 

Within the globalized world, it is important to promote valuable European achievements as a science of excellence, higher quality education, or respect for human rights. Organizations such as the European Optical Society project a picture of Europe in the world along with these lines and in this direction. We want to go deeper.

 

We are what we do, day by day. So excellence is not an act, but a habit.

Aristóteles

 

Cando preguntamos ao profesor Michinel se o gato de Schrödinger da  European Optical Society (EOS) está vivo ou morto, contesta  que “por suposto que está vivo!”.

Humberto Michinel Álvarez, catedrático da Área de Óptica do Departamento de Física Aplicada, é o novo presidente da Sociedade Europea de Óptica dende o 27 de setembro do 2016. É, ademais, o primeiro español en ostentar este cargo.

Tamén é vicepresidente da International Commission for Optics (ICO), da que forma parte a EOS.

“A EOS é a unión das sociedades de óptica da maioría dos países europeos” explícanos o profesor Michinel, “e ten como obxectivo promover a óptica como disciplina científica a través da organización de congresos e publicacións científicas, entre outros eventos. ”

A función do presidente da EOS é presidir as reunións do comité executivo, que é o órgano que decide as actividades a realizar. En canto a duración do mandado, “actualmente eu son presidente-electo, aos dous anos pasarei automaticamente a presidente executivo e dous anos máis tarde a presidente saínte, polo que o ciclo total son seis anos.”

Humberto Michinel está especialmente interesado na proxección da imaxe internacional da EOS, “dentro do mundo globalizado é importante promover valiosos logros europeos, como a ciencia de excelencia, a educación superior de calidade, ou o respecto polo dereitos humanos. As organizacións como a EOS proxectan unha imaxe de Europa no mundo dacordo con esas liñas, e nesa dirección queremos profundizar.”

 As grandes sociedades científicas, coma a EOS, teñen un radio de influencia moi amplo, e por exemplo, as súas políticas poden axudar a que se respecten os dereitos humanos. “O dereito á educación e máis en concreto, á educación superior no ámbeto científico,  é algo que aínda cómpre desenvolver en numerosos países, especialmente no caso das mulleres. A EOS pode promover isto con programas de científicos e científicas visitantes, como o que está sacando adiante agora mesmo en cooperación coa ICO.”

A EOS no 2015 celebrou  o LIGHT2015-Young-Women-in-Photonics-and-Young-Entrepreneur-in-Photonics-Awards-Winners-Announced, co gallo de premiar o labor das novas investigadoras no campo da fotónica. Como presidente da EOS, Michinel, pensa  seguir apoiando este tipo eventos que contribúen a limar a fenda de xénero.“Este tipo de actividades son de especial importancia nos países en desenvolvemento, onde a situación da muller en moitos ámbitos é lamentable. Agora mesmo estou a impulsar o cofinanciamento por parte da EOS de actividades deste tipo en colaboración coa International Commission for Optics (ICO).”

Para un profesor e investigador de óptica ser presidente desta sociedade é importante porque “no eido da óptica, a EOS é a sociedade cientíca máis relevante de Europa, polo que é un gran recoñecemento.”

O que para a Universidade de Vigo tradúcese en “fortalecer as institutucións europeas é unha tarefa moi importante e para unha universidade nova como a de Vigo, ter presenza neste tipo de organismos é un bó xeito de aparecer no mapa”.

Como presidente da EOS, a súa achega máis importante sería  “aumentar a proxección da EOS fóra de Europa”.

Podemos aseverar que o gato de Schrödinger da  European Optical Society non só está vivo, senón que o seguirá estando, alomenos, durante os vindeiros 6 anos.

 

 

Escrito e editado por Mercedes Palanca Glez.