O DEPARTAMENTO DE FÍSICA APLICADA

QUÉN SOMOS

O Departamento de Física Aplicada está formado por profesorado, persoal investigador e  Persoal de Administración e Servizos (PAS).

Este persoal está repartido entre as seguintes titulacións:

CAMPUS DE VIGO

-Edificio de Ciencias Experimentais: Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de  Químicas e Facultade de Bioloxía.

-Enxeñerías: E.E. Industrial, sede campus e cidade, E.T.S.E. de Telecomunicacións, Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía.

CAMPUS DE PONTEVEDRA

-Ciencias da Educación e do Deporte e Escola de Enxeñería Forestal.

CAMPUS DE OURENSE

-Facultade de Ciencias de Ourense e Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.

DIRECCIÓN

Ao fronte da dirección do Departamento están:

*como director o catedrático de universidade, José Luis Legido Soto.

*E como secretaria Mercedes Palanca Glez., persoal de xestión da Universidade de Vigo.

ORGANIZACIÓN

O Departamento está  organizado en órganos unipersoais e órganos colexiados.

ÓRGANOS UNIPERSOAIS

*o director

*a secretaria

ÓRGANOS COLEXIADOS

*Consello de Departamento

*Comisión Permanente

*Comisión de Investigación e Biblioteca

*Comisións Docentes

*Comisión de Doutoramento: extinguiuse en febreiro do 2016.

SOMOS PIONEIRAS E PIONEIROS

NA XESTIÓN

-Os primeiros cursos de coaching da universidade de Vigo foron organizados polo Departamento de Física Aplicada:

  • Coaching para o desempeño: potenciación de habilidades.
  • Traballo eficaz en equipo: o potencial do desenvolvemento interpersoal.

-O Departamento de Física Aplicada foi o primeiro órgano e servizo da universidade de Vigo en realizar a xestión do coñecemento dun dos seus procesos, o POD.

NA ORGANIZACIÓN

O Departamento de Física Aplicada tamén innovou na estructura organizativa: é o único Departamento da universidade  de Vigo que ten Comisión de Investigación e Biblioteca e Comisións Docentes, e que tivo Comisión de Doutoramento.

NA INVESTIGACIÓN  E INNOVACIÓN EDUCATIVA

E agora é o primeiro Departamento en contar cun blog de investigación e innovación educativa.