O BLOG

It is proven that aerodynamically it is impossible for the bumblebee to fly, because of its size, its weight and the shape of its body. Only he does not know

 

O blog do Departamento de Física Aplicada vén a completar á terceria función do Departamento.

As dúas primeiras, a xestión e maila docencia, están apoiadas pola páxina web do Departamento: http://dept08.webs.uvigo.es/.

Co blog de investigación e innovación educativa, adicamos un espazo, moi necesario a ésta terceira función.

O blog creouse co obxectivo de facer, moi modestamente, vixiancia tecnolóxica e de dar a coñecer o traballo das investigadoras e investigadores do Departamento, dentro e fóra deste.

Ao principio da maioría dos artigos, aparece un pequeno resumo en inglés, para que, persoas alleas á nosa lingua poidan saber tamén qué se está facendo.

O blog ten 6 categorías, que poden ir cambeando nas sucesivas edicións.

  • Na categoría de Bolsas Colaboración aparecerán os artigos resultaldo de falar co profesorado e alumnado que acadou unha Bolsa Colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o curso 2016-17.
  • En Persoal investigador daremos a coñecer o persoal investigador do Departamento que está comezando a súa carreira investigadora.
  • Na categoría de A física nas institucións contarémosvos a experiencia de persoal do Departamento que ocupa cargos nas institucións, e que co seu labor nesas institucións, están favorecendo a investigación, a xestión e tamén a docencia.
  • O gato de Schrödinger. Nesta sección colgaremos os artigos dos proxectos de investigación. É misión dos investigadores e investigadoras manter o gato con vida.
  • Who moved my cheese? Esta sección ten un título homónimo ao libro de Spencer Johnson que nos fala da xestión do cambeo e de porqué é importante arriscar se se quere conseguir algo na vida. Tanto na investigación como na innovación educativa hai que saber liderar cambeos e arriscar, para poder chegar a bós resultados. Nesta sección incluiranse artigos de investigación e de innovación educativa.
  • Historia. Esta é unha sección na que queremos dar a coñecer persoas que fixeron grandes achegas na ciencia, tecnoloxía e outros campos que directa ou indirectamente inflúen na investigación, e que foron silenciadas pola historia.

En vindeiras edicións do blog incluiremos outra sección para falar dos grupos de investigación do Departamento.