DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

As nubes foron observadas, descritas e estudadas dende a antiguidade, pasando por crer que se trataba de fenómenos divinos aos estudos máis concienzudos dos tempos modernos.

As nubes son a sinatura do ciclo hidrolóxico no ceo. Unha nube é a visualización da condensación do vapor de agua en gotas minúsculas sobre pequenas partículas en suspensión na atmósfera. A súa formación básica é sinxela. É necesaria a existencia de humidade, un núcleo de condensación (que poden ser po, partículas microscópicas de polen  ou sal marina entre outras) e vapor de auga, que se condensa sobre elas ao se enfriar e adhírese creando unha  gota de auga líquida ou de xeo (si as temperaturas son moi baixas). Finalmente, unha densidade moi elevada de gotas forma unha nube.

  Escrito polos profesores do Departamento de Física Aplicada, Raquel Nieto Muñiz, profesora Titular  e Luis Gimeno Presa, catedrático de Universidade.

“Entendiendo las nubes” é o tema elixido para o Día Meteorolóxico Mundial de 2017, co fin de resaltar a enorme importancia que teñen as nubes para o tempo, o clima e a auga. As nubes son fundamentais para as observacións e prediccións do tempo. Son unha das principais incógnitas do estudo do cambio climático: necesitamos entender mellor cómo afectan as nubes ao clima e cómo afectará un clima cambiante ás nubes. As nubes teñen un papel decisivo no ciclo da agua e na estructura da distribución global dos recursos hídricos.

O Día Meteorolóxico Mundial marca a publicación dunha nova edición do Atlas Internacional de Nubes, que foi obxecto da revisión máis minuciosa e ambiciosa da súa longa e distinguida historia. O novo Atlas da Organización Mundial da Meteorología (OMM) é un tesouro oculto de centos de imaxes de nubes, que inclúe mesmo uns poucos tipos de nubes recentemente clasificadas. Tamén inclúe fotografías doutros fenómenos meteorolóxicos como o arco da vella, o halo, os tornados de neve e o granizo. Por primeira vez o Atlas publícase en formato dixital e poderase consultar dende as computadoras e os dispositivos móbiles.

O Atlas Internacional de Nubes é a única fonte autorizada e a referencia máis exhaustiva para identificar nubes. É un instrumento de formación esencial para profesionais da comunidade meteorolóxica e para aquelas persoas que traballan na industria navieira e da aviación e ten unha fama lendaria entre os apaixonados e apaixonadas das nubes.

Fonte AEMet

Esta é a última versión do Atlas Internacional de Nubes pódese consultar on-line na web da OMM: https://www.wmocloudatlas.org/home.html

Traducido e editado por Mercedes Palanca Glez.