DEDICACIÓN E PAIXÓN NA INVESTIGACIÓN DE PCMs NANOMELLORADOS

 Phase change materials, also known as PCMs, allow high energy storage capacities by taking advantage of the heat associated to a phase change and not only due to of a temperature difference.
The addition of nanomaterials improves their heat transfer capacity and reduces the time required for changing the phase, thus obtaining the same energy but in less time.

 

I have not special talent, I am only passionately curious.

Albert Einstein

 

David Cabaleiro, Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, está traballando dende  o 2011 no Departamento de Fisica Aplicada, co profesor Contratado Doutor Luis Lugo Latas do grupo de investigación FA2 (http://fa2uvigo.com).

David é posuidor dun amplo curriculo no que atopamos:

-dous mestrados pola universidade de Vigo: mestrado en Enerxía e Sustentabilidade e mestrado en Física Aplicada.

-En xaneiro do 2016 defendeu a súa tese de doutoramento “Development of new heat transfer media for improving efficiency in energy systems. Conventional fluids and nanofluids”, pola Mención Internacional do título de doutor.

-Ao rematar a carreira comezou a traballar na empresa OCV Soluciones Solares, que se adica á fabricación de paneis solares, , e está ubicada en Cambados.

-Ten bo nivel de inglés e italiano, e está estudando francés.

En cantos as estancias de investigación,

– A primeira foi no laboratorio do profesor  José Juan Segovia Puras no Departamento de Ingeniería  Energética y Fluidomecánica da Universidad de Valladolid. Durante tres meses estudaron a capacidade calorífica de diferentes fluídos térmicos, entre eles un empregado en plantas solares termoeléctricas.

– Entre febreiro e maio de 2014 estivo no “Construction Technologies Institute” do “Italian National Research Council” (Italia) coas investigadoras Laura Fedele e Laura Colla. Por tres meses testaron diferentes fluídos de transmisión de calor nano-mellorados nunha instalación térmica piloto e estimaron as melloras que se obterían ao substituír os novos materiais polos equivalentes, que son convencionalmente empregados neste tipo de aplicacións.

-En vistas do bó clima laboral e dos resultados acadados, entre setembro e decembro do 2015, desprazouse de novo ao Construction Technologies Institute, para repetir a experiencia.

– A máis recente, entre xaneiro e febreiro do 2017, foi no Departamento de Civil Engineering and Sustainable Energy da Universidade de Rennes 1 (Francia) co Profesor Patrice Estellé. Nesta ocasión as tarefas desenvolvéronse no marco dunha acción COST (https://www.facebook.com/pg/nanouptake/posts/?ref=page_internal). Traballou no estudo da tensión superficial e do comportamento reolóxico.

O traballo no Departamento de Física Aplicada comezou no curso 2011-2012 ao gañar unha bolsa da Fundación Iberdrola co proxecto titulado “Estudio de nuevos fluidos basados en nanoaditivos para su uso eficiente en energías renovables”.O IP foi o profesor Luis Lugo Latas e a titora no proxecto, a Dra. Begoña Remartínez Zato, responsable da área de materiais do Centro de Tecnoloxías de Iberdrola Generación.

Posteriormente obtivo unha axuda Predoutoral da Xunta de Galicia, e durante o período 2013-2016  foi bolseiro FPU do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Participou, ademais, nos seguintes proxectos:

-“Nuevos fluidos basados en nanoaditivos para sistemas de transferencia de calor y almacenamiento de energía” do Ministerio  de Economía, Industria y Competitividad (2013-2014), sendo o IP o profesor Luis Lugo Latas.

Estudio de nuevos fluidos basados en nanoaditivos para su uso eficiente en energías renovables” da Universidade de Vigo (2011-2012), sendo o IP tamén o profesor Luis Lugo Latas.

Dende xaneiro do 2017  está traballando no Proxecto do Ministerio Economía y Competitividad no que os IPs son Luis Lugo Latas José Fernández Seara, catedrático no Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos. O título do proxecto é “Diseño y desarrollo de nanofluidos para la producción y el almacenamiento de energía” (2015-2017). Este proxecto está cordinado entre as Universidades de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O seu campo de traballo é o aproveitamento enerxético. “Dende que acabei a tese comezamos tamén a traballar no deseño de novos materiais de cambio de fase mellorados mediante a adición de nanomateriais. Aínda que segue a súa liña investigadora, non estaba inicialmente entre as tarefas asociadas ao proxecto polo que estou contratado, pero si que nos gusta dedicarlle o máximo tempo posible. Os materiais de cambio de fase, ou tamén coñecidos coma PCMs polas súas siglas en inglés, permiten elevadas capacidades de almacenamento de enerxía ao aproveitar o calor asociado a un cambio de fase e non só o derivado dunha diferenza de temperatura. Os PCMs non son unha tecnoloxía nova. De feito, o cambio de fase de sólido a líquido da auga emprégase dende sempre para manter a temperatura dos alimentos constante. Que podemos aportar nós? Pois ben, unha das limitacións dos PCMs é que normalmente requiren de bastante tempo para a captación de enerxía ou a súa liberación. Mediante a adición de nanoamateriais tratamos de mellorar a súa capacidade de transmisión de calor e polo tanto, de reducir o tempo preciso para o cambio de fase. É dicir, a mesma enerxía pero en menos tempo.” Explícanos David.

A aplicabilidade industrial, e xa que logo, o retorno desta investigación, presenta un amplo abanico de posibilidades. “Os PCMs poden ser útiles en múltiples aplicacións dependendo sobre todo do rango de temperaturas concreto de traballo. Nós estamos interesados fundamentalmente naquelas aplicacións que poden ser interesantes para a edificación. Trátase, polo tanto, de materiais con puntos de fusión entre os 6 °C que poderían ser potencialmente útiles para a refrixeración. En torno aos 22 °C para a climatización. E ata  os 60 °C para depósitos de auga quente sanitaria. No caso da climatización, os PCMs permiten mellorar a inercia térmica das construcións e polo tanto reducir as flutuacións de temperatura entre o día e a noite.”

Para desenvolver este proxecto teñen unha  colaboración co Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Branda (NaFoMat), da Universidade de Santiago de Compostela,  e o IP é Javier Gallego del Hoyo.

Tamén colaboran coa profesora Contratada Doutora do Departamento de Física Aplicada, Verónica Salgueiriño Maceira, que lidera o gupo de Materiais Magnéticos, que  é un dos tres subgrupos nos que se subdivide o grupo FA2  da universidade de Vigo,  (http://magneticmaterials.webs.uvigo.es/index.php/research/lines/bio-related). Esta colaboración versa sobre a posibilidade de empregar nanopartículas metálicas coma nanoaditivos, campo no que  este grupo xa ten unha gran rodaxe.

A investigación que realiza David, é se cabe, máis importante neste tempos de cambio climático, nos que as fluctuacións de temperatura condicionan o noso día a día.

David é un traballador incansable e concienzudo. De aí quizais, as súa paixón polos puzzles. Dinos que “Unha cousa que quizais non é moi salientable pero da que si me sinto moi orgulloso é a dedicación que intento poñer no que fago e da paixón que me move a facelo. Considérome unha persoa moi curiosa e gústanme moito os retos, intentar facer cousas novas.”

Gustaríalle poder seguir traballando na investigación, “no sentido de que é algo que realmente me enche”. Quizais  facer un postdoc no estranxeiro.

Escrito e editado por Mercedes Palanca Glez.