A INTERNACIONALIZACIÓN NA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

 

The Higher Technical School of Industrial Engineering is the third center of the University of  Vigo that more coming students recieve.

 

We travel to change, not our place but our ideas.

Aussieyoutoo

Learning another language is not only learning different words for the same things, it is also learning other ways of thinking about those things.

Flora Lewis

 

Mª Cristina Trillo Yáñez, profesora Contratada Doutora do Departamento de Física Aplicada, e investigadora do grupo FA-1- Metroloxía Óptica (http://opticalmetrology.webs.uvigo.es/), está á fronte da subdirección de Relacións Internacionais da Escola de Enxeñería Industrial (EEI), dende maio do 2014.

A Escola de Enxeñería Industrial é un macro centro con preto de 4.000 alumnos e alumnas, 6 titulacións de Grao e varios mestrados, entre eles o Mestrado de Enxeñería Industrial, que conta con 6 especialidades.

A subdirección de Relacións Internacionais está desenvolvento un gran traballo na EEI, que é o terceiro centro da Universidade de Vigo que máis estudantes estranxeiros recibe. Onde se nota máis a súa presenza é no Mestrado de Enxeñería Industrial no que hai, neste curso académico, un 20% de estudantado estranxeiro.

O número de estudantes estranxeiros vén crecendo sostidamente dende o curso 2013-14, curso no que se implantou a docencia en inglés no centro. “Pasamos de ter 34 alumnos e alumnas entrantes nese curso a preto de 70 no curso 2015-16. Coido que este número incrementarase sustancialmente a medida que o catálogo de materias en inglés vaia aumentando e vaia sendo coñecido polas universidades coas que xa temos colaboracións.

Tamén estamos intentando ser máis activas na difusión das nosas actividades e da oferta académica dispoñible na universidade, por exemplo, coa presenza en semanas internacionais ou nos cada vez máis habituais “study abroad days”, organizados por outras universidades para promover que o seu estudantado realice algunha estadía no estranxeiro.” Coméntanos Cristina Trillo.

Como subdirectora de Relacións Internacionas da EEI, Cristina Trillo desempeña entre outras as seguintes funcións:

Coordinar a mobilidade do alumnado que pertence tanto aos seis Graos que se imparten na Escola, como ao Mestrado en Enxeñería Industrial. Ésta é unha das funcións máis importantes.

Recibir e orientar ao estudantado estranxeiro que ven estudar á Escola ou a facer unha estadía nun laboratorio. “Dou moita información a través do correo electrónico, pero durante todo o ano tamén establezo un horario semanal de atención, tanto no Campus como na Cidade, para poder falar en persoa co alumnado propio e alleo.”

Establecer convenios de cooperación con outras universidades , revisar o funcionamento dos xa establecidos e, en resumo, buscar novas vías de colaboración con outros centros estranxeiros.

Coordinar a docencia en inglés que se imparte no centro (con itinerarios en inglés nos Graos de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Enxeñería Mecánica e tamén no Mestrado en Enxeñería Industrial). “Na Escola tratamos de ir ampliando a oferta de xeito planificado, así que eu reviso os planos de estudo, falo co profesorado para que se acredite e así poida impartir docencia en inglés, e envío esa información á Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado, entre outras tarefas.”.

-En xeral, participar en tódalas actividades do centro que involucren ás institucións estranxeiras. “Ás veces fágoo como representante do centro e ás veces como unha interlocutora máis. Por exemplo, cada vez máis alumnos e alumnas desexan facer unha estadía no estranxeiro, para realizar  prácticas en empresas, así que aí colaboro coa subdirección de relación coas empresas para coordinar ese tipo de mobilidades.”

A subdirección traballa con varios programas que facilitan as estadías e colaboracións, como son:

  • Programa Erasmus-estudos e Erasmus-internships para a mobilidade en Europa.
  • O programa de Bolsas propias da Universidade, que financia estadías en Universidades de todo o mundo coas que existe un convenio bilateral.
  • O programa GE4 para estudantado de enxeñería (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs).
  • O programa ISEP para intercambios con EE. UU.
  • E o programa SICUE para intercambios con Universidades españolas.

Nos últimos anos introducíuse un cambio importante no tipo de mobilidade que pode realizar o alumnado “ata fai pouco ésta  facíase só para preparar o Proxecto Fin de Carreira. Este esquema, herdado das antigas titulacións de Enxeñería Técnica Industrial e Enxeñería Industrial, comezou a aplicarse tamen ás novas titulacións (aos Graos especialistas e ao Mestrado en Enxeñería Industrial, respectivamente), pero quixemos amplialo, para que o estudantado poida facer un semestre completo en mobilidade durante o seu último ano de estudos. Isto é posible xa desde este curso 16/17, e esperamos que cada vez máis alumnado opte por esta vía, pois pódeno facer en moi boas universidades de todo o mundo. De tódolos xeitos, interesa seguir mantendo aberta, en paralelo, a vía de facer mobilidade só co traballo de fin de estudos, que dá moita flexibilidade, porque así o alumnado só precisa saber ben inglés, pero non é tan importante que coñeza  a lingua do país.”

Obxectivos a curto, medio e longo prazo:

“-Un dos obxectivos a curto prazo é ir ampliando o número de universidades ónde facer mobilidade de semestre completo, así como establecer novos contactos con universidades de referencia para ir ampliando a rede internacional de parceiros.

Un obxectivo a medio e longo prazo  sería o establecemento de dobres titulacións internacionais, ben a nivel de grao, mestrado ou doutoramento.”

O traballo é inxente, e as gañas tamén, malia aos atrancos. Así, cándolle preguntamos cal ou cales son as principais dificultades no desempeño das súas funcións dinos que,”sen dúbida, a falta de persoal de Administración e Servicios que dé apoio á subdirección para xestionar a mobilidade do alumnando entrante e saínte.

Nestes momentos a persoa que está no cargo debe ocuparse desde as tarefas que lle son máis propias: como a revisión dos planos de estudos de universidades alleas para atopar as mellores correspondencias ou o establecemento de contactos con outras universidades; ata outras que son puramente administrativas: como a xestión da documentación asociada ou a información ao alumnado propio e alleo. Unha grande parte das consultas non se refire a aspectos académicos que requiran a supervisión da subdirección, senón a aspectos procedimentais e de información académica (sobre todo para alumnado estranxeiro), que poden ser xestionados polo persoal de Administración e Servizos.

O volume de traballo é grande, non só debido ao tamaño da Escola (con perto de 4000 alumnos e alumnas), senón tamén ao o número de titulacións do centro que hai que xestionar (seis titulacións de Grao e e varios mestrados, entre eles o Mestrado de Enxeñería Industrial, que conta con 6 especialidades).”

Facendo camiño,

Cristina está tamén traballando en novas liñas de colaboración, moi novidosas e moi necesarias: como a relacionada coa función de buscar novos acordos bilaterais e novas vías de colaboración con outros centros estranxeiros: “na miña opinión, tamén hai unha boa oportunidade de dar a coñecer os departamentos e centros da universidade, pois aquí  faise investigación de moita calidade e coido que calquera acción que lle dé máis visibilidade é positiva.”

Escrito e editado por Mercedes Palanca Glez.