A BIOPSIA ÓPTICA: UNHA NOVA FERRAMENTA DE DIAGNOSE

The optical biopsy allows “in situ” diagnosis of pathologies by means of light that stimulates the tissues and provides information about their characteristics: healthy tissue, dysplasias or cancer.

 

Research is what everyone has seen and think that no one else has thought.

Albert Szent-Györgyi

 

A biopsia óptica consiste en irradiar un tecido cun feixe de luz, habitualmente emitida por un láser. Posteriormente recóllese a radiación emitida ou dispersada. Si se irradia un tecido sá obtense unha dispersión de luz cunha determinada lonxitude de onda. Si iluminas un tecido canceríxeno a radiación dispersada será un pouco distinta. O proceso seguinte é examinar cales son as diferencias entre os dous espectros de luz analizados. Estas diferencias son os biomarcadores,  que nos indican se hai cáncer ou non.

Esta técnica chámase biopsia porque diagnostica e óptica porque emprega a luz para a súa diagnose.

A técnica de biopsia óptica é o resultado da investigación da tese de doutoramento titulada Técnicas de espectroscopia RAMAN para el estudio de la mucosa oral, que se leu o 17 de febreiro deste ano na Escola de Enxeñería Industrial.

A tese foi dirixida polo catedrático de universidade,  profesor do Departamento de Física Aplicada e coordinador do grupo FA3 Novos Materiais, Pío Manuel González Fernández (na foto o primeiro pola esquerda), e a investigadora senior do mesmo grup

Pío Glez., o primeiro pola esquerda. Miriam Álvarez, a segunda pola esquerda e Roberto Valdés detrás de ámbolos dous.

o, Miriam López Álvarez (na foto a segunda pola esquerda). O doutorando, é o xefe do Servizo de Otorrinolaringoloxía de Povisa, Roberto Valdés Pons (detrás de Píol Glez. e Miriam López).

A metodoloxía de traballo foi a seguinte: o doutor Valdés, como otorrino, ten acceso ás mostras de tecido de mucosa sá e mucosa con carcinoma.

Realizáronse varias probas, tanto coas mucosas sás como coas mucosas canceríxenas. Primeiro efectuáronse biopsias convencionais. Estas biopsias foron analizadas no servizo de anatomía patolóxica do hospital, que deron un determinado resultado.

Con esas mesmas mostras realizáronse análises coa técnica de espectroscopía RAMAN. Esta técnica consiste na interacción dos fotóns emitidos por unha fonte de enerxía coas moléculas da mucosa que se estude. Foi descoberta nos anos 30, polo premio Nóbel de Física indú C. Venata Raman. E comprobouse que os resultados eran satisfactorios.

O estudo posterior destes resultados permitíu determinar os índices, biomarcadores, que posibilitan diferenciar a mucosa normal da mucosa canceríxena. Con estes índices estableceuse un patrón de normalidade. Se analizamos unha mostra enferma, ese índices ou biomarcadores ofrecerannos un resultado distinto. Isto é a biopsia óptica.

Os resultados obtidos con esta tese de doutoramento derivaron na obtención dunha patente que licenciou a empresa española IRIDA IBÉRICA S.L., para a fabricación dun aparato que comezará a funcionar proximamamente en Povisa. Esta nova tecnoloxía permitirá identificar tres biomarcadores que determinarán si a persoa paciente padece ou está desenvolvendo un cáncer.

Ata o de agora, o diagnóstico deste tipo de tumores baséase na inspección de cavidades e na toma de biopsias das lesións sospeitosas.  É un método cruento, lento e parcialmente subxectivo. Conleva demoras na diagnose e non é susceptible de ser empregado como ferramenta de cribaxe para grandes poboacións.

Este parece ser o futuro lóxico das biopsias. En palabras do profesor González, “o ideal é  substituír a biopsia convencional  por outros tipos de biopsia, máis rápidos, máis baratos e con menos molestias para as  pacientes e os pacientes. Así, están xurdindo, a biopsia líquida, que identifica biomarcadores de cancro cunha simple análise de sangue, e a biopsia óptica, que emprega a luz para analizar tecidos in situ“.

 

Escrito e editado por Mercedes Palanca Glez.